Generated by Rank Math SEO, this is an llms.txt file designed to help LLMs better understand and index this website. # Deputación da Coruña ## Sitemaps [XML Sitemap](https://faimemoria.gal/sitemap_index.xml): Includes all crawlable and indexable pages. ## Páxinas - [Novas](https://faimemoria.gal/novas/) - [Links de interese](https://faimemoria.gal/links-de-interese/): Asociacións, institucións e iniciativas que traballan arredor da memoria democrática. - [Recursos para traballar e reflexionar sobre a memoria democrática na aula](https://faimemoria.gal/recursos-para-traballar-e-reflexionar-sobre-a-memoria-democratica-na-aula/): SÁBADO 18 DE XANEIRO 2025 - [Política de cookies](https://faimemoria.gal/politica-de-cookies/): Esta Política de cookies actualizouse por última vez o 10/10/2025 e aplícase aos cidadáns e residentes permanentes legais do Espazo Económico Europeo e Suíza. - [Inicio](https://faimemoria.gal/): É o que lle dis a alguén para facerlle lembrar e é tamén o nome escollido para poñer en valor as iniciativas actividades e recursos da área de dereitos civís da Dep. da Coruña. ## Listing Items/Components - [Listado de Links de interese](https://faimemoria.gal/?jet-engine=links-de-interese): Listado de Links de interese - [Listaxe de CPTs](https://faimemoria.gal/?jet-engine=inicio): Contenido Concello: A Coruña ## Links de interese - [A.C. Alexandre Bóveda](https://faimemoria.gal/?links-de-interese=a-c-alexandre-boveda): Asociación Cultural Alexandre Boveda - [CRMH](https://faimemoria.gal/?links-de-interese=crmh): Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica - [Asociación Palestra](https://faimemoria.gal/?links-de-interese=asociacion-palestra): Asociación de Promoción Social Palestra - [A. C. Irmáns Suárez Picallo](https://faimemoria.gal/?links-de-interese=asociacion-cultural-irmans-suarez-picallo): Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo - [ARMH Galicia](https://faimemoria.gal/?links-de-interese=armh-galicia): Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. - [UDC](https://faimemoria.gal/?links-de-interese=udc): Este enlace leva a Univesidade da Coruña ## Recursos para as aulas - [SINALADAS, unidade didáctica](https://faimemoria.gal/recursos-para-aulas/sinaladas/): A partir da exposición SINALADAS. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión, impulsada pola Deputación da Coruña e realizada pola xornalista e investigadora Montse Fajardo, as docentes e escritoras Beatriz Maceda e Eli Ríos elaboraron material complementario para as aulas, propostas didácticas para distintos níveis educativos: Primaria, ESO e Bacharelato. ## Exposicións - [SINALADAS. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión.](https://faimemoria.gal/exposicions/sinaladas/): Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión é unha exposición que recupera a memoria das mulleres galegas que loitaron pola xustiza social, os dereitos laborais e a democracia ao longo de máis dun século. A través de testemuños, documentos e imaxes, a mostra creada pola xornalista a experta en memoria historica Montse Fajardo percorre desde as revoltas agrarias e o nacemento do movemento obreiro ata a represión franquista e a resistencia antifranquista, destacando o papel fundamental das mulleres nestes procesos históricos. - [Relembrando a Trini](https://faimemoria.gal/exposicions/relembrando-a-trini/): A Biblioteca Municipal Durán Loriga da Coruña, acolleu durante o mes de xaneiro de 2025 a exposición'Relembrando a Trini', unha iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña para homenaxear a Trinidad Falcés, histórica activista trans coruñesa, pioneira e figura esencial na loita polos dereitos do colectivo LGBT. No acto de inauguracion interviron a deputada de Igualdade, Sol Agra; o comisario da mostra, Sergio Marey, e Fito Ferreiro, da Asociación Palestra. ## Proxectos e outras iniciativas - [Xeración perdida. Coruña 36. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña na II República.](https://faimemoria.gal/proxectos/xeracion-perdida-coruna-36-representatividade-institucional-republicana-e-represion-na-provincia-da-coruna-na-ii-republica/): A Deputación da Coruña e o grupo de investigación HISPONA da Universidade de Santiago de Compostela colaboran no proxecto: Xeración perdida. Representatividade institucional republicana e represión na provincia da Coruña na II República. O seu principal obxectivo é o de recuperar a historia das corporacións municipais que en tódolos ámbitos do territorio da provincia da Coruña (no mundo urbano, vilego e rural) fixeron fronte ao golpe militar de 1936, ao tempo que se amplía o coñecemento existente sobre os concellos da provincia da Coruña e a súa vida política na fase final da II República - [Ciclo de conferencias sobre a memoria de Francisco Miguel Fernádez Díaz e Syra Alonso](https://faimemoria.gal/proxectos/ciclo-de-conferencias-sobre-a-memoria-de-francisco-miguel-fernadez-diaz-e-syra-alonso/): A área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña creo en setembro de 2025 un programa para dar a coñecer as figuras da escritora coruñesa Syra Alonso e do seu home, o pintor tamén coruñés Francisco Miguel, detido e fusilado en Bértoa (Carballo) pola Garda Civil en 1936, acusado de actuar contra o réxime militar golpista. Presentouse en rolda de prensa na que participaron Sol Agra, deputada de Dereitos Civís; David Lozano, comisario dunha das citas do proxecto, o ciclo de conferencias "Memoria de amor e loita"; Carmen García-Rodeja, presidenta da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), e o escritor e editor Miguel Anxo Fernán-Vello. - [Roteiros escolares para coñecer os lugares da memoria: As Adurmideiras (A Coruña)](https://faimemoria.gal/proxectos/roteiros-escolares-para-conhecer-os-lugares-da-memoria-as-adurmideiras/): Os roteiros son unha das actividades que mellor acollida contan entre a comunidade escolar e permiten coñecer os lugares da contorna con distintas perspectivas e enfoques. Desde o ámbito memorialístico, permiten coñecer os lugares da memoria, achegarse ao pasado desde unha perspectiva humana e próxima. Desde a area de Língua, Igualdade e Dereitos Civís da Deputación Provincial da Coruña promoveron que a rapazada de 4º da ESO do IES Adurmideiras coñecesen a memoria do seu barrio. A actividade foi posible pola organización da CRMH da Coruña e a colaboración do Departamento de Historia do IES Adormideras, nunha iniciativa que contou tamén coa colaboración do Concello da Coruña, a Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto A Torre e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. - [A NAI, teatro para lembrar as irmás Touza. Amorodio teatro.](https://faimemoria.gal/proxectos/a-nai-teatro-para-lembrar-as-irmas-touza-amorodio-teatro/): A Nai é un espectáculo teatral da compañía galega Amorodio Teatro que destaca dentro da escena contemporánea pola súa combinación de teatro documental e autoficción. Dirixida por Marián Bañobre, a obra constrúe unha proposta escénica comprometida, que mestura emoción, humor e reflexión ética arredor da memoria histórica. Foi un dos proxectos selecciónados nos Premios Luísa Villalta en 2022 e a Datación impulsou, así mesmo, vinte actuacions por espazos culturais e centros de ensino da provincia, destinadas á mocidade. - [MOVER OS MARCOS. Festival das ideas. 1ª edición](https://faimemoria.gal/proxectos/mover-os-marcos-festival-das-ideas-1a-edicion/): "Mover os marcos" é unha iniciativa da Deputación da Coruña que promove encontros, espazos no que a xente nova poida debater sobre temas cruciais como as relacións sociais, a saúde mental, a memoria, o medio ambiente, o deporte, as ruralidades, a literatura ou a tecnoloxía, entre outros. Celebrado en Santiago de Compostela , este encontro ten como obxectivo crear un espazo compartido de debate onde as asistentes participan activamente na creación de novas ideas, debaten sobre o establecido, aportan olladas novas e atopan novos prismas dende os que mirar. - [NON CALARÁS! As revoltas das mulleres](https://faimemoria.gal/proxectos/non-calaras-as-revoltas-das-mulleres/): En decembro de 2024 a Área de Igualdade da Deputación da Coruña concedeu o Premio Luísa Villalta ao proxecto NON CALARÁS!, unha iniciativa da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña. Un traballo de investigación concebido para dar a coñecer os movimientos asociativos e as loitas das mulleres en distintas profesións e contextos. ## Xornadas e Congresos - [FAI MEMORIA! Xornada de formación arredor da memoria histórica nas aulas, 2ª edición](https://faimemoria.gal/xornadas-e-congresos/fai-memoria-xornada-de-formacion-arredor-da-memoria-historica-nas-aulas-2a-edicion/): Logo do éxito da primeira edición de FAI MEMORIA, esta xornada senlleira de formación para docentes arredor da memoria histórica tivo unha nova edición o 25 de abril de 2026 no CENTRO SOCIOCULTURAL MARUXA E CORALIA en Santiago de Compostela. A finalidade desta iniciativa é converterse nun punto de encontro anual do profesorado que ten vontade de facer memoria nas aulas, de darlles materiais e recursos para que iso sexa posible. - [I Encontro de asociacións de memoria democrática no Pazo de Mariñan](https://faimemoria.gal/xornadas-e-congresos/i-encontro-de-asociacions-de-memoria-democratica-no-pazo-de-marinan-traballar-as-redes-da-memoria/): Desde a área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña naceu a idea xuntar as asociacións que traballan arredor da Memoria Democrática da provincia da Coruña, nunha xornada de traballo en outubro de 2025 para coñecérense entre si, expor os seus traballos e liñas de investigación no ámbito memorialístico. Foi unha iniciativa senlleira, pioneira no ámbito da Deputación, na que as entidades debateron entre si, coñeceron os proxectos das otras e estableceron liñas de colaboración e novos enfoques e perspectivas do traballo. - [FAI MEMORIA! Xornada de formación para docentes arredor da memoria histórica. 1ª edición.](https://faimemoria.gal/xornadas-e-congresos/fai-memoria-xornada-de-formacion-para-docentes-arredor-da-memoria-historica-1a-edicion/): “Fai memoria!” é o que lle dicimos a alguén cando queremos que lembre algún dato, acontecemento ou feito do pasado. Xogando con esta expresión, o titulo da iniciativa desenvolvida pola área de Dereitos Civís procura estimular as/os docentes a que contribúan a manter viva a memoria histórica do país, dala a coñecer entre o alumnado e promover a reflexión sobre o pasado, con ollada de presente para definir o futuro que queremos para a nosa sociedade. No currículo escolar a penas existen espazos para a reflexión sobre o noso pasado recente e hai feitos, movementos, persoas (nomea e principalmente mulleres)… que seguen a ser descoñecidas para o conxunto da sociedade e moito máis para a mocidade, figuras e movementos que tiveron vital importancia para a conquista dos dereitos civís dos que agora gozamos. Para conseguirmos unha cidadanía crítica e con capacidade de pensamento e decisións propias, cómpre dar a coñecer os alicerces sobre os que se asentou a nosa sociedade, os capítulos da historia dos que non falan os libros de Historia, a memoria silenciada das persoas que viviron a represión e loitaron pola liberdade. - [Memoria Diversa 4ª Edición](https://faimemoria.gal/xornadas-e-congresos/memoria-diversa-4a-edicion/): A IV edición do congreso MEMORIA DIVERSA, promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, centrou a reflexión sobreos novos e vellos discursos de odio contra o colectivo LGBT. A finalidade desta iniciativa é crear espazos de encontro e reflexión arredor da memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galiza. A 4ª edición tivo lugar o sábado 31 de maio no Espazo de Intervención Cultural "A Normal" na Coruña, con acceso de balde ata completar cabida. - [Memoria Diversa 1ª Edición](https://faimemoria.gal/xornadas-e-congresos/memoria-diversa-1a-edicion/): A MEMORIA DIVERSA nace para recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas que loitaron pola visibilización e dignificación do colectivo, así como as vítimas da represión e o rexeitamento por cuestión de orientación ou identidade de xénero. Interésanos a perspectiva social, política e humana da diversidade. Voces e movementos necesarios, ausentes noutros estudos relacionados coa memoria histórica que nos axudan a construír o relato memorialístico en clave diversa e galega. ## Publicacións - [¿Por qué ninguén falou delas? O Padroado de Protección á Muller na Coruña (1941-1985)](https://faimemoria.gal/publicacions/por-que-ninguen-falou-delas-o-padroado-de-proteccion-a-muller-na-coruna-1941-1985/): ¿Por qué ninguén falou delas? O Padroado de Protección á Muller na Coruña (1941-1985), de Belén López Cillero, documenta a represión sistemática do franquismo contra mulleres da clase obreira, sometidas a encerramentos, traballos forzados e adoutrinamento relixioso. Esta institución, que funcionou con ordes relixiosas ata 1985, foi silenciada por un pacto de ocultación social e institucional durante a ditadura e a transición. - [Coralia e Maruxa](https://faimemoria.gal/publicacions/maruxa-e-coralia/): Coralia e Maruxa, de Cari Ca, é un libro ilustrado que recupera a historia das irmás Fandiño Ricart, coñecidas en Santiago de Compostela como “As Dúas Marías”. A obra percorre a súa vida desde os anos da Segunda República ata a dura represión franquista, amosando como a persecución política contra a súa familia marcou o seu destino e as levou a vivir entre a marxinación social e a resistencia cotiá. - [Memoria Diversa](https://faimemoria.gal/publicacions/memoria-diversa/): Memoria diversa é unha obra que recupera e reivindica a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia a través das voces de persoas que viviron e protagonizaron a loita pola visibilidade, a dignidade e os dereitos. O libro, escrito por Eva Mejuto e acompañado polas fotografías de Carme Cerviño e deseño gráfico de Belén G. Freijeiro, recolle unha serie de entrevistas que permiten coñecer en primeira persoa experiencias de vida marcadas pola resistencia fronte á represión, os prexuízos e o silencio social.