FAI MEMORIA positivo sin fondo

XORNADA DE FORMACIÓN PARA DOCENTES ARREDOR DA MEMORIA HISTÓRICA

SÁBADO 18 DE XANEIRO 2025

CENTRO SOCIOCULTURAL MARUXA E CORALIA · SANTIAGO DE COMPOSTELA

“Fai memoria!” é o que lle dicimos a alguén cando queremos que lembre algún dato, acontecemento ou feito do pasado. Xogando con esta expresión, o titulo da iniciativa procura estimular as/os docentes a que contribúan a manter viva a memoria histórica do país, dala a coñecer entre o alumnado e promover a reflexión sobre o pasado, con ollada de presente para definir o futuro que queremos para a nosa sociedade. No currículo escolar a penas existen espazos para a reflexión sobre o noso pasado recente e hai feitos, movementos, persoas (nomea e principalmente mulleres)… que seguen a ser descoñecidas para o conxunto da sociedade e moito máis para a mocidade, figuras e movementos que tiveron vital importancia para a conquista dos dereitos civís dos que agora gozamos. Para conseguirmos unha cidadanía crítica e con capacidade de pensamento e decisións propias, cómpre dar a coñecer os alicerces sobre os que se asentou a nosa sociedade, os capítulos da historia dos que non falan os libros de Historia, a memoria silenciada das persoas que viviron a represión e loitaron pola liberdade.

Para a recuperación desta memoria cómpre termos a complicidade de docentes, que promovan o coñecemento, a reflexión e o debate entre o seu alumnado. E para iso é fundamental contribuír á súa formación, propiciando espazos de encontro e intercambio, posibilitando o traballo en rede, ofrecendo experiencias de éxito como inspiración e impulso e creando e compartindo materiais (testemuños, libros, filmes, unidades didácticas, roteiros e todo tipo de experiencias) que teñan cabida na aula tanto na parte curricular coma na extraescolar (titorías, excusións, clubs de lectura…)

A finalidade desta iniciativa é converterse nun punto de encontro anual do profesorado que ten vontade de facer memoria nas aulas, de darlles materiais e recursos para que iso sexa posible.

A primeira edición desta inicia tivo lugar no centro sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela e tivo a memoria das mulleres como centro dos relatorios e fío condutor.

Vídeos das intervencións

footer logo DEPUTACION DA CORUÑA v2
footer logo IGUALDADE DE XENERO v2
footer logo MEMORIA DEMOCRATICA v2
footer logo CONCELLO DE SANTIAGO v2
footer logo FAI MEMORIA v2
Scroll ao inicio