Belén López Cillero
¿Por qué ninguén falou delas? O Padroado de Protección á Muller na Coruña (1941-1985), de Belén López Cillero, documenta a represión sistemática do franquismo contra mulleres da clase obreira, sometidas a encerramentos, traballos forzados e adoutrinamento relixioso. Esta institución, que funcionou con ordes relixiosas ata 1985, foi silenciada por un pacto de ocultación social e institucional durante a ditadura e a transición.
Belén López Cillero, investigadora especializada no Padroado de Protección á Muller, analiza o funcionamento do padroado como ferramenta de represión de xénero e clase durante a ditadura e o postfranquismo, centrándose na súa xunta provincial na Coruña. O libro documenta historias de insultos, humillacións e traballos forzados, poñendo o foco no control social exercido sobre as mulleres, principalmente da clase obreira.
Achegamos diversas entrevistas realizadas á autora da obra:
Non existe ningún tipo de reparación económica e ten que habela. No puideron estudar, non cotizaron, para saír do Patronato ou cumprías vinte e cinco anos ou casabas e moitas facíano co primeiro que se ofrecía, moitas veces delincuentes, heroinómanos ou maltratadores. Acabaron recibindo palizas e criando criaturas en situacións marxinais. Hoxe están a ser vítimas de desafiuzamentos moitas delas e todo isto pasa porque o Patronato truncou as súas vidas.
Belén López Cillero




