Subvencións

Programa de subvencións a concellos para financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades e a sinalización de espazos de recuperación da memoria democrática, para o ano 2026.

Obxectivo da subvención

A Deputación da Coruña convoca o Programa FO208/2026, dirixido aos concellos da provincia con menos de 10.000 habitantes, para apoiar actuacións relacionadas coa supresión da simboloxía franquista, a recuperación da memoria democrática e a sinalización de espazos de homenaxe. As axudas destínanse a financiar:
  • Retirada de escudos, placas, insignias, estatuas ou mencións de exaltación franquista, e restauración do ben municipal afectado.
  • Actividades de divulgación da memoria democrática: charlas, cursos, congresos, publicacións, exposicións, etc.
  • Sinalización e mantemento de espazos de memoria, incluíndo placas e paneis informativos (co logotipo da Deputación e a frase obrigatoria «Vítimas do golpe de estado fascista de 1936»).
  • Actos de homenaxe e recoñecemento público ás vítimas da represión entre 1936 e 1978.

Quén pode solicitar a subvención?

Poden solicitar estas axudas os concellos da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes que cumpran os requisitos das bases e da Ordenanza Xeral de Subvencións. As actividades subvencionables deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.

Onde ver máis información sobre a subvención

Podes consultar todos os detalles, importes, conceptos de gasto e a documentación necesaria nas publicacións oficiais no Boletín Oficial da Provincia (BOP): Tamén podes acceder á información xeral da Área de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña: Área de Igualdade e Dereitos Civís

Cómo tramitala subvención

Prazo de solicitude: do 16 de marzo de 2026 ás 8h. ao 16 de abril de 2026 ás 14 h.
A tramitación realizarase exclusivamente a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación.

Casos de éxito

Compartir

Scroll ao inicio