Desde a área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña naceu a idea xuntar as asociacións que traballan arredor da Memoria Democrática da provincia da Coruña, nunha xornada de traballo en outubro de 2025 para coñecérense entre si, expor os seus traballos e liñas de investigación no ámbito memorialístico. Foi unha iniciativa senlleira, pioneira no ámbito da Deputación, na que as entidades debateron entre si, coñeceron os proxectos das otras e estableceron liñas de colaboración e novos enfoques e perspectivas do traballo.
A xuntanza facilitou e posibilitou futuro traballo colaborativo, en rede, e serviu para expoñer a problemática do sector e plantexarlle á Deputación posibles liñas de axudas e traballo. A utilidades da xornada residía tamén en que as distintas entidades coñecesen de primeira man as liñas de axuda de Deputación da Coruña na que pode encaixar o ámbito memorialístico e, tamén, dar a coñecer iniciativas xa realizadas pola Deputación, dentro das súas distintas áreas, de cuestións de corte memorialístico.
Entre as entidades participantes na xornada estaban entidades tanto entidades especificamente do ámbito memorialístico coma asociacións culturais e redes de traballo que teñen a memoria como aspecto destacado de traballo. Entre as asistentes atopábanse representantes da Comisión pola Recuperación Histórica do Barbanza, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), a asociación Cultural O Galo, a A.C. Alexandre Bóveda, Nova Escola Galega, Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), Refuxios da Memoria, MoradAura, Mocidade Galega pola Memoria, Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), a Rede Galega de Estudos Queer, a Fundación 26 de Diciembre, a asociación Palestra e a asociación cultural Cultura Aberta de Carral,


















