Xornadas e Congresos
ANO 2021

Memoria Diversa 1ª Edición

Memoria diversa 1 edicion


A MEMORIA DIVERSA nace para recuperar e reivindicar a memoria histórica do colectivo LGBTIQA+ en Galicia e da necesidade de darlle visibilidade a aquelas persoas que loitaron pola visibilización e dignificación do colectivo, así como as vítimas da represión e o rexeitamento por cuestión de orientación ou identidade de xénero. Interésanos a perspectiva social, política e humana da diversidade. Voces e movementos necesarios, ausentes noutros estudos relacionados coa memoria histórica que nos axudan a construír o relato memorialístico en clave diversa e galega.

Scroll ao inicio