A IV edición do congreso MEMORIA DIVERSA, promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, centrou a reflexión sobreos novos e vellos discursos de odio contra o colectivo LGBT. A finalidade desta iniciativa é crear espazos de encontro e reflexión arredor da memoria do colectivo LGBTIQA+ en Galiza. A 4ª edición tivo lugar o sábado 31 de maio no Espazo de Intervención Cultural “A Normal” na Coruña, con acceso de balde ata completar cabida.
O congreso foi transmitido en streaming pola canle de Youtube da Deputación da Coruña e o material gravado está accesible na rede. Valaquí un resumo da xornada:
A inauguración da xornada por parte de Sol Agra Tuñas, Deputada de Dereitos Civis da Deputación da Coruñae Cristina López Villar, en representación da Universidade da Coruña.
As ponencias da mañá comenzarán coa presenza de Margarita Ledo Andión, xornalista e cineasta, e o Xestor cultural Quique Costas, activista nos primeiros colectivos LGBT galegos, que dialogaron sobre os inicios dos movementos LGBT galegos e a súa repercusión nos medios de comunicación. Presentou e moderou Mercedes Fernández en representación de Avante LGBT+
A segunda intervención tivo a literatura como foco, co lingüista e escritor Carlos Callón, que falou sobre a existencia e represión da disidencia sexual galega durante a Idade Media, a partir da súa obra “Vidas e historias LGBT da Idade Media” (Xerais 2024), pola súa parte, a investigadora Ánxela Lema esculcou a realidade queer escondida na literatura galega, centrándose na poesía dos anos 70-80 e 90 do século pasado e propón unha nova ollada co seu relatorio: “Reler a poesía que dicían heterosexual”. Presentou e moderou o investigadore Daniel Amarelo en representación da Rede Galega de Estudos Queer.
A xornada matinal pechouse coa intervención sobre a documentación contra a desmemoria por parte do activista coruñés José Carlos Alonso, activista e membro do desaparecido colectivo Milhomes e coa lectura como espazo para reivindicar e visibilizar a memoria a través do club de lectura QUEERuña das bibliotecas municipais da Coruña, con Remedios Vázquez.
A xornada da tarde comezón cunha achega á historia da loita do colectivo LGBT portugués por parte da investigadora lusa Joana Matias, xa que Memoria Diversa tamén buscar establecer lazos de conexión cos movementos memorialísticos queer do país veciño. Continuando a liña iniciada o ano pasado, contemplamos un espazo sobre a situación do colectivo LGBTIAQ+ no mundo, a través das persoas refuxiadas, neste caso contamos co activista colombiano Sebastián Jaramillo, actor e creador audiovisual, colaborador de Alas Coruña, en diálogo coa sindicalista e activista trans galega Laura Bugallo.
Nesta edición quixemos tamén coñecer a historia do movemento LGBT catalán, convidando a unha escritora e activista senlleira, Isabel Franc, que vén de publicar a novela gráfica “Detrás de las persianas, breve historia das lesbianas en Barcelona”, que explora a vida sáfica en Barcelona, desde a II República, pasando polo franquismo, os códigos comunicativos da clandestinidade, o comezo da liberdade coa Transición, ata chegar ao matrimonio igualitario de 2005. A intervención de Isabel Franc (que durante moitos anos escribiu co pseudónimo de Lola Van Guardia obras clásicas dentro da literatura lésbica coma “Entre todas las mujeres” ou “Plumas de doble filo”) será en diálogo coa activista lésbica Nanina Santos, figura fundamental do feminismo e o movemento lésbico galego desde os anos 70.
O encontro finalizará coa proxección da curtrametraxe DELICUENTE, obra da poeta e creadora audiovisual Nuria Vil, e co debate e recital poético musical coa poeta Andrea Nunes e o músico e activista trans Éric Dopazo.
As mesas foron presentadas e moderadas por persoas dos actuais colectivos LGBTIQA+ galegos, Alas Coruña, Les Coruña. Rede Galega de Estudos Queer, Avante LGBT e Arelas mocidade.
.





