Exposicións

SINALADAS. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión.

Captura de pantalla 2026 05 04 a las 11.48.15

Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión é unha exposición que recupera a memoria das mulleres galegas que loitaron pola xustiza social, os dereitos laborais e a democracia ao longo de máis dun século. A través de testemuños, documentos e imaxes, a mostra creada pola xornalista a experta en memoria historica Montse Fajardo percorre desde as revoltas agrarias e o nacemento do movemento obreiro ata a represión franquista e a resistencia antifranquista, destacando o papel fundamental das mulleres nestes procesos históricos.

A exposición estrutúrase en diferentes bloques temáticos que abordan ámbitos como a loita de clases, a participación política, o acceso ao ensino, a cultura, o exilio, a guerrilla ou a represión exercida especificamente contra o corpo e a vida das mulleres. Ao mesmo tempo, pon en valor a súa contribución á conquista de dereitos e á construción da democracia, recuperando nomes e historias que durante décadas quedaron fóra do relato oficial.

En conxunto, Sinaladas ofrece unha visión ampla e necesaria da historia contemporánea de Galicia desde unha perspectiva de xénero, reivindicando a memoria das mulleres que abriron camiño e contribuíron á transformación social do país.

Pódese acceder, ler e descargar á exposición completa AQUÍ.

O proxecto ten, así mesmo, unha valiosísima bibliografía que podedes consultar AQUÍ.

Para o aproveitamento docente da mesma, Elio Ríos e Beatriz Maceda crearon unidades didácticas para ensino primario, secundario e Bacharelato. Dispoñible AQUI.

Datos da exposición

Organiza: Deputación da Coruña
Título: Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión
Contidos e textos: Montse Fajardo

Deseño e Coordinación: Capicúa

Scroll ao inicio